Buscar este blog

martes, 30 de mayo de 2017

A rodar!

Meu dito meu feito! Descubrimos esta preciosa idea investigando qué queríamos aprender sobre o traballo na horta e sen pensalo, falamos coas familias para pedirlles a súa participación. Pensamos que sería moi vistoso decorar rodas usadas para plantar todo aquelo que queríamos ver crecer. Aquí está o resultado!

miércoles, 24 de mayo de 2017

Somos famosos!

Pronto firmaremos autógrafos! Neste curso fixemos varias reportaxes para recoller algunhas das actividades máis importantes que facemos na escola e... cómo non iamos facer unha da nosa máxica horta? Saímos moi guapos, non si?

martes, 16 de mayo de 2017

Do you speak english? NÓS SÍ!

A profe de inglés pensou unha idea xenial para poñer os letreiros da nosa horta e como sempre, as familias axudaron moito a poder realizar a actividade que plantexamos. Non se nos esquecerá saber o que plantamos en cada sitiño e encima, aprendemos inglés, este cole mola ou non?

miércoles, 10 de mayo de 2017

Froitas e hortalizas!

Na clase de hoxe a mestra de Miriam comezou a contarnos cómo temos que dicir algúns dos nosos alimentos en inglés pois pronto comezaremos a facer os carteis para a horta!