Buscar este blog

jueves, 30 de marzo de 2017

A figueira de pelostortos

Este é un dos contos que máis nos apaixonan dos que temos na escola. Para nós é todo un privilexio poder acercarnos á nosa horta e, debaixo dunha gran figueira que alí temos, contar esta historia. Os nenos e nenas sinten moita empatía cos protagonistas da historia e, a medida que ímos relatando o conto, comezan a reproducilo con entusiasmo.

lunes, 13 de marzo de 2017

As familias axudan a poñer en funcionamento a horta

Grazas ao traballo das familias desta pequena escola poidemos comezar co cultivo. Coa súa axuda, xunto as mestras e o Concello poidemos labrar a terra, montar o invernadoiro e dar comezo a esta actividade!