Nada se pode comparar ao máxico de ver crecer as nosas froitas e hortalizas. A aprendizaxe de 12 nenos e nenas xunto co traballo das familias fai posible este proxecto. Xermoliño!
Este é un dos contos que máis nos apaixonan dos que temos na escola. Para nós é todo un privilexio poder acercarnos á nosa horta e, debaixo dunha gran figueira que alí temos, contar esta historia.
Os nenos e nenas sinten moita empatía cos protagonistas da historia e, a medida que ímos relatando o conto, comezan a reproducilo con entusiasmo.
Grazas ao traballo das familias desta pequena escola poidemos comezar co cultivo. Coa súa axuda, xunto as mestras e o Concello poidemos labrar a terra, montar o invernadoiro e dar comezo a esta actividade!